A MIÑA BANDEIRA

A MIÑA BANDEIRA

domingo, 25 de diciembre de 2011

martes, 11 de octubre de 2011

Festas do Cristo do Pindo, Quilmas e A Curra

Festas do Cristo

do Pindo, Quilmas e A Curra

martes e mercores festa rachada na solaina de O Pindo

ben non o vas olvidar



miércoles, 7 de septiembre de 2011

Terroristas ambientais no Monte Pindo




Os terroristas ambientais aterrizan no Monte Pindo ,por desgracia para nos , que eses energumenos poidan pasar a visitar o noso monte e unha autentica desgracia.







miércoles, 31 de agosto de 2011

Una inscripción arroja luz sobre la leyenda de la ermita de Monte Pindo





La asociación Monte Pindo Parque Natural ha hecho público el descubrimiento de una inscripción en piedra que todo parece indicar que podría tratarse de una talla fundacional de la ermita del Monte Pindo, o bien de una posterior remodelación.
Según explican en este colectivo carnotano, la capilla del Monte Pindo, al igual que prácticamente todo lo que tiene que ver con la historia de este lugar, acabó vertebrada con las numerosas leyendas y mitos del espacio. Incluso hasta el punto de que mucha gente llegó a poner en entredicho su existencia.
Esta inscripción «verdaderamente sorprendente», tal y como apuntan en la asociación ha servido para atraer la atención de numerosos arqueólogos e historiadores que solicitaron visitar los restos para conocer mejor su significado







La inscripción del monte Pindo despierta interés

CARNOTA Varios arqueólogos e historiadores se pusieron ya en contacto con la Asociación Monte Pindo Parque Natural para poder visitar la inscripción descubierta en una losa (todo apunta a que puede tratarse de la fecha fundacional de la mítica capilla del Olimpo celta, o bien de una posterior remodelación de la misma). Aunque incluso se llegó a poner en duda su existencia, dicha inscripción, que se encuentra al pie de los supuestos restos, confirma que "as pesquisas da asociación van dando os seus froitos e revelando indicios que nos permiten facernos unha idea cada vez máis rigorosa sobre a importancia deste lugar", afirmó Xilberto Caamaño, presidente del citado colectivo. La alusión más antigua a una edificación religiosa en el monte Pindo data del año 830 y es un documento sobre las iglesias del Reino de España, elaborado por el abad Tructinio.

martes, 30 de agosto de 2011

I Simposium Monte Pindo

Rematou
o
I Simposium Monte Pindo



Esperavamos mais asistencia pero as asperezas que estan sin limar por parte das asociacions de O Pindo ,limituo a asistencia e esperemos se limen pronto por o ben de O Pindo e dos seu veciños .
En terminos xerais moi ben organizado .
E bos poñentes para explicar todo o que significa Monte Pindo Parque Natural.
O simposio foi inaugurado as 10.00 horas por o presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural, Xilberto Caamaño, e reuniu o geólogo Juan Ramón Vidal Romaní; o biólogo Martiño-Fiz López; o geólogo y secretario executivo de Adega, Fins Eirexas, e o escritor Francisco Fernández Naval. Ademáis, pudose contemplar una exposición fotográfica de Maribel Longueira, y disfrutar dun recital poético de Xoán Lestón, y asistir a presentación do libro Máxico tear natural, obra do doctor en Filosofía, Xosé Manuel Lobato, entre outras citas .


Apoio de o Concello representado por Ramón Noceda e Merche Díaz o Alcalde era o chamado a saudar desde a institución municipal aos presentes, este preferiu cederlle a honra a Merche Díaz, tenente de alcalde e veciña do Pindo quen agradeceu á Asociación o seu traballo, e aos veciños e poñentes a súa presenza, e chamou a toda a sociedade a volcarse no futuro do noso entorno e das vidas dos que nel se radican, nun momento en que as dificultades son moitas.


jueves, 21 de julio de 2011

lunes, 11 de julio de 2011

Rematou o III Encontro Montepindo 2011

REMATOU O III ENCONTRO



MONTE PINDO 2011



OS MAIS NOVOS
A CAMPIONA NATIVIDAD


SAIDA DA CARREIRA POLO MONTE PINDO

DE GALICIA MAXICA



MANOLO CA QUEIMADA INSIÑANDO OS EMBRUXOS




ROTEIRO A CASCADA





O PASEO NO BARCO AS LOBEIRAS E CORRUMEIRO





MAIS FOTOS TREME EIQUI







lunes, 4 de julio de 2011

O Carballo anano do Monte Pindo

O Carballo anano do Monte Pindo

entra no Catálogo Galego de Especies Ameazadas

XUNTA DE GALICIA


El roble enano (carballo anano, Quercus lusitanica) está amenazado de extinción en Galicia. Sólo restan unos pocos ejemplares de esta especie nativa en las laderas del monte Pindo, en Carnota. Fue añadido al Catálogo de Especies Gallegas con el rótulo de amenazado, anotación que no se renovaba desde 2007.
O carballo anano (Quercus lusitanica) é unha especie arbustiva que medra no suroeste da Península Ibérica e máis en Marrocos. En Galiza existe unha pequena poboación illada e cuasi-residual nas abas do Monte Pindo (Carnota) que se sitíúa a 500 Km da poboación máis cercana da mesma especie. Esta característica singular da súa distribución xeográfica chamada polos biólogos "disxunta" é a que determina que esta especie fora proposta como especie protexida.
O carballo anano é a primeira especie que se incorpora ao Catálogo Galego de Especies Ameazadas despois da súa aprobación en 2007. No entanto, existen moitos máis candidatos a formar parte da flora e fauna ameazada de Galiza. A maior dificultade que presentan as novas incorporacións a este Catálogo é a carencia de datos, sobre todo no aínda descoñecido mundo dos insectos onde se estima que en Galiza aínda hai por descubrir moitas especies novas para a ciencia. Porén, a protección dos hábitats naturais resulta chave para preservar este valioso patrimonio aínda por descubrir. De continuar coa deterioración ambiental dos ecosistemas naturais, é moi posíbel que valiosísimas especies, moitas delas endemismos, desaparezan sen térmolas sequera coñecido.A declaración como especie protexida implica que queda prohibido danar ás plantas e que deberá elaborarse un Plano de Conservación que se agarda que sexa efectivo para aumentar o número de exemplares e mellorar o seu estado. A día de hoxe, son contadas as especies protexidas cun Plano de Conservación en marcha: agardemos que a nova Xunta faga os seus deberes e presente as súas propostas denantes de que moitas destas especies desaparezan por falta de medidas de conservación.Complementariamente a esta declaración, ADEGA solicitará a inclusión da área de distribución desta especie e do propio Monte Pindo como Monumento Natural, Paisaxe Protexida ou outra figura de protección ambiental que sirva, ademáis de para garantir a conservación dos seus valores naturais, para promover o enorme interese ecoturístico e cultural desta privilexiada paraxe.Fuente: Cultura Galega, un portal para xente enredada


A Xunta publicaba a semana pasada a actualización do


Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Un catálogo que ten por obxecto aplicar medidas específicas de protección para estas especies ameazadas. Unha delas é unha especie endémica da nosa zona, ou máis concretamente do Monte Pindo.
Tras ser declarada en setembro de 2008 “especie amenazada vulnerable”, esta semana xa pase a formar parte oficialmente do Catálogo.Así o decidía o Observatorio pola Biodiversidade, o mesmo que decidía non declarar o Monte Pindo Parque Natural.
O Quercus lusitanica Lam, ou carballo enano, é específica do catálogo galego e terá que agardar para ser incluída no Catálogo Español de Especies Amenazadas.
As que si xa forman parte do español son as novas especies integradas no galego: a bucina mariña (Charonía lampas L.); e a libélula (Oxygastra curtisii). No tocante ás aves, quedarían incluídos a aguia pescadora (Pandion haliaetus L.) e o curroxo real (Phoenicurus phoenicurus L.); mentres que na sección de mamíferos estarían os morcegos Nyctalus noctula e o Nyctalus lasiopterus.
No decreto ademais modifícase o procedemento de catalogación, descatalogación ou cambio de categoría de especies.




QUEPASANACOSTA.COM

miércoles, 29 de junio de 2011

Rematan as VI Xornadas de Pesca.

REMATARON AS VI XORNADAS DE PESCA

AMAR O MAR



Recuperación e posta en valor da tradición e cultura mariñeira de O Pindo



A sesión dominical comezou cunha recuperación tradicional, chegada doutro lado da Costa da Morte. O ceense Serxio Dominguez, da Asociacion Pedras Miúdas de Lires, explicou o traballo da súa entidade na recuperación de tradicións como o baile das patelas, tipico baile mariñeiro, ou a Danza de Arcos. De feito, os membros da asociación fixeron unha demostración foi celebrada no Pindo.




O AXUNTAMENTO CAMBIA DE ALCALDE E DE SOLDOS

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior e os soldos políticos descenden máis dun 80% por cento
Era un dos puntos máis criticados polo BNG cando estaba na oposición. E parace que unha vez no poder vai cumplir esta primeira promesa do programa electoral: a redución drástica dos gastos de carácter político.
Denunciaban que “o PP só no 2010 gastou case 190.000 euros en soldos poíticos incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política”.E hoxe fai pública a única dedicación exclusiva que prantexa o BNG, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos, aprobada coa abstención do PP. Serán 28.000 euros anuais os que cobre Moncho Noceda, a metade dos case 52.000 euros percibidos polo anterior alcalde, José Oreiro, do PP.
Asi o BNG elimina o soldo de 31.000 euros que viña percibindo o edil do PP Santiago Brea pola súa 2ª tenencia de alcaldia. O soldo de 38.000 euros de Marisol Piñeiro (1º tenente alcalde) non será necesario suprimilo, pois no 2010 pasou a cobrar directamente como deputada do PP no Parlamento Galego, para fortuna das arcas municipais de Carnota.
Segundo o BNG, “Os salarios políticos de Carnota descenderon asi un 82% coa entrada do BNG no goberno pasando dos case 153 mil euros que se repartiu o PP en dedicacións exclusivas só no ano 2010 aos 28 mil euros actuais do alcalde”.
Novas áreas de goberno
As novas áreas de traballo para o goberno municipal aprobadas o sábado son as seguintes:
Ramón Noceda (Alcalde). Encargarase das áreas de Participación Veciñal e Ordenación territorial.
Merche Díaz (Tenente de Alcalde). Encargarase das áreas de Medio Ambiente, Rural e Mariño así como as relacionadas coas Muller e Servizos Sociais.
Iván Franco: responsable de Comunicación, Cultura e Deporte, e Turismo.
Antón Federico Beiro. Encargado de Promoción económica.

INFORMACION RECABADA DE QUEPASANACOSTA.COM

viernes, 24 de junio de 2011

O PINDO MARIÑO

VI Xornadas de Pesca

Como todos estes últimos anos, a Confraría do Pindo organiza no 2011 as súas Xornadas de Pesca, adicadas nestas a súa sexta edición ao amor polo mar.
As actividades englobadas nestas xornadas darán comezo coas actividades diarias para os máis pequenos dende o luns 20 de xuño ata o xoves 23 de xuño, con talleres e obradoiros para os cativos da casa.
Os días principais das xornadas deste ano serán o 24, 25 e 26 de xuño, nos que se realizarán no Pindo eventos moi variados: traballadoras do mar falarannos sobre as súas experiencias, haberá charlas sobre pesca sostible co experto Alfredo López Fernández do CEMMA e sobre traballar no mar con Mª Paz Gómez Vázquez (directora do ISM da Coruña), actuacións musicais, fiadas, roteiros, degustación de productos do mar, e moitas outras cousas.

xan ramon , ensinando os pequenos, a facer nudos
os mais pequenos , ilusionados con ir de pesca

e como non , facer cestos para a pesca


Esta mesma tarde de venres 24 de xuño dá comezo o groso das VI Xornadas de Pesca Pindo Mariño, que este ano chegan co fermoso lema “Amar o mar”. Unhas xornadas de dignificación e de achegamento á vida mariñeira, que xa son unha referencia en toda a bisbarra.
De feito, as xornadas xa comezaron esta semana con actividades diarias para os máis pequenos. De feito, a vila xa conta con canteira preparada para tomar o timón, logo de ter aprendido a facer nós, cestos e logo da sesión de cine mariñeiro de onte, coa pelicula ” Apequena Serea” de X.H. Rivadulla e gravada en Quilmas.


E esta tarde, a partir das 17:30h comezan as actividades, precisamente coa entrega de premios para os pequenos grumetes. A partir das 17:45h ábrese o telón das conferencias, da man de Mercedes Díaz Mayán, secretaria da Confraría de Pescadores do Pindo, que presentará o programa para as xornads.
Serán 3 días nos que coñeceremos as experiencias das propias mariscadores e mariñeiros, falarase de pesca sostible, actuacións musicais, fiadas, roteiros, degustación de productos do mar, e moitas outras cousas



informacion recabada de quepasanacosta.com

lunes, 20 de junio de 2011

III ENCONTRO MONTE PINDO




Un ano máis, e un pracer para todos nos convidarvos a participar no Encontro Monte Pindo. Experiencia única, relaxante, emotiva, necesaria para o ben estar do noso particular imperio dos sentidos. Unha aperta a tod@s.

Confirmados os ponentes para a inauguración o vindeiro día 8 de xullo do III Encontro Monte Pindo.As 20.00 h: Comenzamos ca ponencia "PEDRA E AUGA: PAISAXE E SÍMBOLOS A TRAVÉS DO TEMPO". Tito Concheiro, Arqueólogo.E o remate, as sempre interesantes reflexións sobre O FALAR DAS PEDRAS por Felipe-Senén López Gómez. Arqueólogo e Escritor.Agradeceriamos o fixerades público na sección correspondiente do voso medio. Gracias e un saúdo.




ACDRPEDRAMAR

SARDIÑADA DE SAN XOAN

GRAN SARDIÑADA DE SAN XOAN 2011

NA PRAZA DA SOLAINA

COM SEMPRE

ACDRPEDRAMAR

ORGANIZA

sábado, 11 de junio de 2011

NOVO ALCALDE DE CARNOTA

Moncho Noceda no momento de tomar posesión

Moncho Noceda proclámase novo alcalde de Carnota co apoio da maioría absoluta da corporación



Nova corporación munipal
A corporación municipal 2011-2015 do Concello de Carnota queda como segue:
  • Alcalde: Moncho Noceda Caamaño (BNG)
  • Merche Díaz Mayán (BNG)
  • Iván Franco Caamaño (BNG)
  • Antón Federico Beiro Oreiro (BNG)
  • Suso Campos Díaz (PSOE)
  • Juan Saborido Rama (PSOE)
  • José Oreiro Rodríguez (PP)
  • Marisol Piñeiro Martínez (PP)
  • Santiago Brea Beiro (PP)
  • Chus González Senande (PP)
  • Ana González Louro (PP)
campos
Non tivo outra opción que claudicar porque estaba en perigo a súa saúde politica.
o ex xefe e os seus tiveron mais forza segun os comentarios do partido.

Ramón Noceda Caamaño é xa o novo alcalde do Concello de Carnota, tras o impecábel desenvolvemento da sesión plenaria durante a que tomaron hoxe posesión das súas actas os 11 novos edís da corporación municipal 2011-2015.

Moncho Noceda no momento de tomar posesión
Durante un pleno caracterizado pola importantísima presenza e a normal expectación veciñal, dado que se chegou ao mesmo momento da investidura sen ningún acordo entre as forzas, finalmente os 2 concelleiros electos polo PSOE de Carnota deron o seu apoio á candidatura presentada polo BNG, que alcanzou asi os 6 edís necesarios para a proclamación do alcalde.

Moncho Noceda, durante o seu primeiro discurso como novo alcalde de Carnota, agradeceu a toda a sociedade o importante apoio recibido e animou á veciños a sumarse a traballar polo futuro dun concello que non atravesa polo seu mellor momento. Asi mesmo, e tras agradecer aos membros do PSOE a súa postura, extendeu o chamamento aos veciños tamén aos concelleiros das demais forzas políticas de Carnota.

Primeiro paso ilusionante
A pesar de que esta investidura se produciu sen un acordo de goberno entre ningunha das forzas que obtiveron representación, o BNG agradece que finalmente o PSOE cumprira coa palabra dada na campaña e anuncia que vai establecer os contactos precisos para, nas vindeiras datas, tentar achegar posicións de cara a conformar un acordo de goberno baseado en valores de transparencia, austeridade, seriedade, honradez, xustiza, solidariedade e sobre todo participación veciñal na vida municipal, superando vellos partidismos, personalismos e localismos e traballando para dar forma a un Concello de Carnota máis igualitario do que se sintan parte indivisible todos e cada un dos nosos veciños e veciñas.

Euloxio Franco, con nós
A maior ovación por parte dos veciños de Carnota produciuse durante a intervención do secretario-interventor do Concello de Carnota, Carlos Bousoño, que era o encargado de conducir e explicar o desenvolvemento da sesión. Despois de lembrar aos 6 membros da anterior corporación municipal que xa non repetirán nesta lexislatura, quixo facer unha mención especial dedicando unha poesía en homenaxe ao noso tristemente falecido compañeiro Euloxio Franco, que nos deixou poucos meses antes do inicio da campaña sendo concelleiro do BNG e tras ser elixido pola Asemblea local do BNG para repetir posición na candidatura nacionalista.

informacion recabada do blog do BNG de Carnota


martes, 7 de junio de 2011

Tambaléase os pactos PSOE-BNG e entra en poxa PP PSOEen Carnota

El candidato socialista afirma que el PP le ofreció la alcaldía de Carnota

a voz de galicia

Non está claro o que acontecerá no Pleno Constitucional de Carnota deste 11 de maio. O que parecía cantado (pacto entre PSOE e BNG) non está tan claro. A semana pasada o BNG esixíalle ao PSOE que cumplira un acordo e ceda a alcaldía. Hoxe, vén de enviar o PSOE de Carnota un comunicado polo que se ve que , non hai acordo.
O PSOE asegura que está falando tamén co PP baseándose en principios de “diálogo social”. O propio Suso Campos afirma que serán os militantes os que decidan con quen pacta o grupo.
A maior discrepancia nas propostas é que o PSOE esixe que se aproben dúas dedicacións exclusivas, mentres que no BNG prantexan só unha, para reducir o gasto en soldos, un punto no que ambos grupos están dacordo e veñen denunciando dende hai tempo. Por este motivo consideran “ao BNG responsable de que non exista un acordo antes da investidura entre as forzas políticas de esquerdas”.
E entra en poxa os contactos PP e PSOE cas guerras internas dos peixes fortes do PSOE que non queren saber nada dos pactos co PP e por outra parte os que non queren saber nada co BNG.
¿romperanse as boas maneiras dos compañeiros do PSOE entre ambolos dous lados?
Haberá que ver que ocorre ao longo desta semana de cara ao Pleno de investidura deste sábado 11 de xuño.

miércoles, 1 de junio de 2011

Monte Pindo: Pasto de cabras ou coto de caza?


Juan Rof Codina (1874-1967) era fillo dun ferreiro catalán e marchou a Madrid a estudar veterinaria; rematados os estudos aproba unhas oposicións de Sanidade Militar, polo que será destinado a Lugo en 1899. Aquí casa e pronto deixa a carreira militar para fundar unha clínica veterinaria, pero non só se dedica a curar animais, senón que se interesa profundamente polo estudo da gandaría, por exemplo pola mellora da raza rubia galega, como tamén se preocupa pola prevención e difusión, todo co ánimo de contribuír á mellora e progreso da agricultura galega.
QUEPASANACOSTA

Continúa a Asociación Monte Pindo Parque Natural rebuscando no baúl das lembranzas do monte costeiro. E son moitas as cousas que veñen descubrindo, deixando claro o valor patrimonial e etnográfico deste monumento natural.
Desta volta publican un artigo do veterinario catalán Juan Rof Codina (1874-1967). Afincado en Galicia, volcou a súa vida na mellora da agricultura e da sociedade labrega baseada nun cambio na mentalidade do agro galego.
Concretamente, no nº 5 do Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía, Rof Codina describe como na “inhabitada mole de piedra” (…) “entre sus riscos viven durante todo el año varios rebaños de ganado cabrío, que aprovechan los musgos y hierbecillas que crecen entre las oquedades de aquellos abruptos peñascos.
Esta afirmación vén sendo moi significativa para a entidade, despois de coñecer a intención do voceiro do PP e alcalde en funcións, José Oreiro, de convertir o Monte Pindo nun coto de caza maior.

lunes, 30 de mayo de 2011

VI XORNADAS DE PESCA - O PINDO

VI Xornadas de Pesca


PINDO MARIÑO
Como todos estes últimos anos, a Confraría do Pindo organiza no 2011 as súas Xornadas de Pesca, adicadas nestas a súa sexta edición ao amor polo mar.
As actividades englobadas nestas xornadas darán comezo coas actividades diarias para os máis pequenos dende o luns 20 de xuño ata o xoves 23 de xuño, con talleres e obradoiros para os cativos da casa.
Os días principais das xornadas deste ano serán o 24, 25 e 26 de xuño, nos que se realizarán no Pindo eventos moi variados: traballadoras do mar falarannos sobre as súas experiencias, haberá charlas sobre pesca sostible co experto Alfredo López Fernández do CEMMA e sobre traballar no mar con Mª Paz Gómez Vázquez (directora do ISM da Coruña), actuacións musicais, fiadas, roteiros, degustación de productos do mar, e moitas outras cousas.




viernes, 27 de mayo de 2011

BANDEIRAS AZULES

COMO SEMPRE A DE SAN PEDRO


CON MERDA NON TEN BANDEIRA


A LIMPEZA BRILLA POR SU AUSENCIA


GRACIÑAS O CONCELLO



ALEGRAMONOS POR LIRA E BOCA DO RIO

lunes, 23 de mayo de 2011